Episódios

  • Ent. Teresa Astorgano, presidenta do grupo etnográfico Traxandaina | Exposición “O traxe da muller aldeá”
    Jun 30 2025
    O V Festival da Cultura Tradicional e Folk organizado por la Asociación Cultural San Telmo comeza este venres día 4 e prolongarase ata o domingo día 6. A primeira xornada dará comezo coa apertura da exposición “O traxe da muller aldeá” no espacio sociocultural de la calle Camilo José Cela, ás 19.30 horas. Hoxe Teresa Astorgano, presidenta do grupo etnográfico Traxandaina deu conta das diferentes pezas que poderanse ver na mostra.
    Exibir mais Exibir menos
    7 minutos
  • Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Programación mes de xullo
    Jun 30 2025
    "O malvado raposo feroz", de Benjamin Renner y Patrick Imbert é a pélicula que inaugura a programación de verán do Cineclub Tui. Proxectarase mañá martes, ás 20.30 horas no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Noemí Guisande, do Cineclub Tui deu conta das distintas citas que terán lugar tanto os martes coma os xoves do mes de xullo. A entrada para a proxección de mañá ten un prezo de 2 euros para socios e de 4.5 euros para o público xeral.
    Exibir mais Exibir menos
    5 minutos
  • Ent. Eduardo Méndez, organizador e Fátima Fonseca, profesional docente de Portugal | XI Campionato Ibérico de Kung Fu
    Jun 27 2025
    O pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acolle este domingo, dende ás 10.30 h, o XI Campionato Ibérico de Kung Fu Tradicional e Moderno. Coñecemos todos os detalles con Eduardo Méndez, organizador do evento, e con Fátima Fonseca, profesional docente de Portugal en kung fu tradicional.
    Exibir mais Exibir menos
    11 minutos
  • Ent. Julio Solleiro, de Soliedaridade Galega co Pobo Saharaui | Programa Vacacións en Paz
    Jun 27 2025
    Este domingo é o último día para poder realizar as xornadas de formación do Programa Vacacións en Paz para acoller a nenos e nenas saharauis durante os meses de verán. Unha iniciativa da que Julio Solleiro, de Soliedaridade Galega co Pobo Saharaui daba todos os detalles e convidaba a participar. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do teléfono 986 26 26 37 ou no Whatsapp 678 72 73 82.
    Exibir mais Exibir menos
    7 minutos
  • Ent. Mario Domínguez, de Terracita La Sigrina e Uxía Hermida, humorista | Show ¿Pero estas tías?
    Jun 27 2025
    Apenas 15 entradas quedan para o espectáculo cómico "¿Pero estas tías?" que organiza Terracita La Sigrina o próximo venres día 4 ás 21 h. Será un show de humor coa participación de Cata Ukelele, Antía Costas, Carla Mañas e Uxía Hermida. Con esta última e con Mario Domínguez, de La Sigrina, conversamos hoxe no programa Día a Día.
    Exibir mais Exibir menos
    7 minutos
  • Ent. Conchi Sales e Fernando Carnero, da Asociación Cultural San Telmo | V Festival da Cultura Tradicional e Folk
    Jun 27 2025
    A vindeira fin de semana celébrase en Tui o V Festival da Cultura Tradicional e Folk. O venres 4 dará comezo coa apertura da exposición “O traxe da muller aldeá” no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, ás 19.30 horas, con posterior concerto. O sábado na praza de San Fernando terá lugar o X Certame de Gaita e Tamboril, e o domingo ás 19.30 h celebrarase na Corredoira o X Día da Muiñera. Así nolo contaron Conchi Sales e Fernando Carnero da Asociación Cultural San Telmo.
    Exibir mais Exibir menos
    9 minutos
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e voceiro do PSOE | Convocatoria cuestión de confianza vinculada aos orzamentos
    Jun 27 2025
    Con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e voceiro do PSOE, pechamos a rolda de conversas tras a convocatoria dunha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos que será debatida en pleno extraordinario o próximo martes, 1 de xullo, ás 20 h.
    Exibir mais Exibir menos
    8 minutos
  • Ent. Nico Montes, voceiro do PP | Convocatoria cuestión de confianza vinculada aos orzamentos
    Jun 27 2025
    Con Nico Montes, voceiro do PP, continuamos a rolda de conversas trala convocatoria dunha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos que será debatida en pleno extraordinario o próximo martes, 1 de xullo, ás 20 h
    Exibir mais Exibir menos
    7 minutos