Efervesciencia Podcast Por Efervesciencia capa

Efervesciencia

Efervesciencia

De: Efervesciencia
Ouça grátis

Sobre este áudio

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539© 2025 Efervesciencia Ciências
Episódios
  • Efer 717 (26-6-25): Ciencia Calidade
    Aug 15 2025
    (0:23) Os resultados das Enquisa de Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía da FECYT presentados esta semana amosan fendas importantes na confianza da cidadanía na ciencia. (3:14) Wicho analiza a actualidade aeroespacial coas últimas remudas na ISS. (13.27) Iago Regueira Rodríguez, "thepharmacist42", preséntanos o seu monólogo "A mucosidade, unha marabilla incomprendida" que quedou segundo na última edición do "Ciencia Calidade". (22:30) Seguimos coñecendo con Andrea Muras o concurso de monólogos científicos en galego "Ciencia Calidade". (28:31) Presentamos o programa de doutoramento Industrial do GAIN e conversamos con Carmen López, directora de I+D+i de Balidea.(36:45) Voces de Ciencia: Esther Fernández, investigadora, mestra de mestres e xestora.
    Exibir mais Exibir menos
    57 minutos
  • Doutoramento Industrial de GAIN: O caso de Balidea
    Aug 15 2025
    Presentamos o programa de doutoramento Industrial do GAIN e conversamos con Carmen López, directora de I+D+i de Balidea.
    Exibir mais Exibir menos
    9 minutos
  • Efer 716 (19-6-25): Historia dos montes veciñais desde A Fonsagrada
    Aug 12 2025
    Viaxamos á Fonsagrada para coñecer "in situ" unha nova edición do proxecto "Ciencia á Feira". (2:46) Alí conversamos con Ana Cabana sobre a historia do monte comunal en Galicia, con Iago e Yoel sobre mercados de carbono e con Helga Peral sobre o propio proxecto. (33:31) Efeméride do 19 de xuño do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (35:10) Antía Vázquez preséntanos o seu monólogo "Sobras con superpoderes" que quedou terceiro na última edición do concurso "Ciencia Calidade". Eva Cabanelas danos consellos para comunicar ciencia no formato dos monólogos.
    Exibir mais Exibir menos
    56 minutos
Ainda não há avaliações